miércoles, 30 de mayo de 2007

un pouco de historia...

A Unidade Veciñal Olmo naceu no ano 1.981 cos seguintes obxectivos:
- construir, entre os/as veciños/as da Urbanización, unha sociedade que tivera como fin a promoción e defensa dos seus intereses sociais, culturais, recreativos e deportivos.
- favorece-las relacións persoais, prestando unha atención especial á xuventude e ós maiores.
- establecer relacións sociais coas sociedades irmás da comarca, para o fomento de actividades en común e o dereito de intercambio.
Entre as actividades que se desenvolveron desde o inicio, cabe destacar:
- A carreira en defensa do idioma galego, que se levou por toda Galicia, cunha participación importante de veciños/as desta urbanización.
- A proba de atletismo, a nivel nacional, como é o “Gran Fondo”. Esta comenzou sendo unha proba que percorría a nosa urbanización, pasando logo a ser unha proba de medio maratón, que pouco a pouco se foi consolidando dentro do mundo do atletismo na nosa comunidade. Desde hai anos denóminase “Gran Fondo Olmo”.
- Tódolos anos organizamos tamén unha semana adicada ás “Letras Galegas”, con exposicións, ás que invitamos a tódolos colexios da comarca, charlas-coloquio, xogos populares, etc.
- Cinema infantil e Cinema para todos. Ó longo do ano fanse unhas dez sesións, cunha afluencia considerable.
- Xornadas de “Cinema Galego”.
- Magosto. Celébrase no mes de novembro con varias actividades, entre as que destacamos os concertos de música folk, contacontos e actuacións de diferentes Corais.
- Campamentos xuvenís, onde os rapaces e rapazas disfrutan do medio ambiente e da convivencia entre eles, participando ademais en diferentes obradoiros.
- Charlas-coloquio sobre diversos temas: medio ambiente, primeiros auxilios, sexualidade, drogodependencias, dereitos do consumidor…
- Talleres e obradoiros diversos: bolillos, informática, mimbre, cociña…Estes teñen unha duración de nove meses e participan ó redor de cen persoas.

No hay comentarios: